Presentación do curso 2021/2022 de música e baile tradicional

O sábado día 25 de setembro, ás 19:00 h, teremos a presentación do curso 2021-2022 no Lar Social de Meigas e Trasgos.
O noso obxetivo é medrar nos grupos de danza e música tradicional, e, para elo, impartiranse clases de danza, percusión e gaita.
As clases daranse todos os sábados entre as 16:00 e as 20:00 horas nas nosas instalacións.
Idades de iniciación:

  • Percusión: 8 anos cumpridos
  • Gaita: 8 anos cumpridos
  • Baile: 3 anos cumprido

Este día crearemos os distintos grupos de iniciación e perfeccionamento e fixaranse os horarios.

Presentación do curso 2020/2021 de música tradicional

Este ano, por mor da COVID-19, comenzaremos o curso de música tradicional deixando para máis adiante a actividade de danza. 

Polo tanto teremos clases e ensaios dos grupos de percusión e de gaita. A percusión comprende instrumentos coma bombo, tambor, pandeireta e charrasqueta pero está aberta a posibilidade de incorporar outros instrumentos.

A presentación terá lugar o sábado día 3 ás 17:30 horas no lar social de Meigas e Trasgos do Chanto.

Recordamos que as clases son de balde para toda a unidade familiar directa de cada socio.

Será obrigatorio cumprir todas as normas de seguridade e hixiene dictadas polas autoridades para realizar as actividades. Por parte de Meigas e Trasgos propocionamos os productos de desinfección, as pautas de ventilación dos espazos e as restricións de capacidade dos locais para observar a distancia de seguridade