II Xornada de Outono
Este ano celebramos unha actividade que consistirá nunha saída ó monte a recoller cogomelos acompañados e dirixidos por expertos da Asociación Micolóxica “A Muiñeira” de Sarria. Despois haberá un xantar para quen queira degustar un bo cocido seguido dun magosto. Pola tardiña poderás participar unha festa na que haberá música, cánticos populares e baile ata que aguante o corpo.
Para informarte de todos os detalles: II Xornada de Outono
Esperámoste!!!