Este ano, por mor da COVID-19, comenzaremos o curso de música tradicional deixando para máis adiante a actividade de danza.
Polo tanto teremos clases e ensaios dos grupos de percusión e de gaita. A percusión comprende instrumentos coma bombo, tambor, pandeireta e charrasqueta pero está aberta a posibilidade de incorporar outros instrumentos.
A presentación terá lugar o sábado día 3 ás 17:30 horas no lar social de Meigas e Trasgos do Chanto.
Recordamos que as clases son de balde para toda a unidade familiar directa de cada socio.
Será obrigatorio cumprir todas as normas de seguridade e hixiene dictadas polas autoridades para realizar as actividades. Por parte de Meigas e Trasgos propocionamos os productos de desinfección, as pautas de ventilación dos espazos e as restricións de capacidade dos locais para observar a distancia de seguridade