Sábado 26 de febreiro as 20:30 horas, no Lar Social de O Chanto

Asociación cultural Meigas e Trasgos C.I.T. de Sarria
Sempre a prol da cultura galega
Sábado 26 de febreiro as 20:30 horas, no Lar Social de O Chanto
O sábado día 25 de setembro, ás 19:00 h, teremos a presentación do curso 2021-2022 no Lar Social de Meigas e Trasgos.
O noso obxetivo é medrar nos grupos de danza e música tradicional, e, para elo, impartiranse clases de danza, percusión e gaita.
As clases daranse todos os sábados entre as 16:00 e as 20:00 horas nas nosas instalacións.
Idades de iniciación:
Este día crearemos os distintos grupos de iniciación e perfeccionamento e fixaranse os horarios.
Este ano, por mor da COVID-19, comenzaremos o curso de música tradicional deixando para máis adiante a actividade de danza.
Polo tanto teremos clases e ensaios dos grupos de percusión e de gaita. A percusión comprende instrumentos coma bombo, tambor, pandeireta e charrasqueta pero está aberta a posibilidade de incorporar outros instrumentos.
A presentación terá lugar o sábado día 3 ás 17:30 horas no lar social de Meigas e Trasgos do Chanto.
Recordamos que as clases son de balde para toda a unidade familiar directa de cada socio.
Será obrigatorio cumprir todas as normas de seguridade e hixiene dictadas polas autoridades para realizar as actividades. Por parte de Meigas e Trasgos propocionamos os productos de desinfección, as pautas de ventilación dos espazos e as restricións de capacidade dos locais para observar a distancia de seguridade
O próximo domingo día 3 de febreiro haberá un curso de percusión tradicional para alumnos que xa teñen nivel para tocar con pandeireta ou tamboril. Non está enfocado a xente que está aprendendo a manexar o instrumento.
Será impartido polo percusionista Marcos Pérez Saburido
(Kihnos Saburido).
Prezo por alumno: 15 €
O horario do curso será:
– Mañá: de 10:00 a 14:00 horas
– Tarde: de 16:00 a 20:00 horas
Os interesados poden persoarse o mesmo día do curso á hora de comenzo no Lar social de Meigas e Trasgos no Chanto (Sarria) Ubicación
Organizan:
Asociación cultural Meigas e Trasgos de Sarria
Agrupación de música tradicional “Os Piornos” de Samos
A actividade consistirá nunha saída ó monte a recoller cogomelos acompañados e dirixidos por expertos. Despois haberá de xantar para quen queira degustar un bo cocido seguido dun magosto. Pola tardiña poderás participar unha festa na que haberá música, cánticos populares e baile ata que aguante o corpo.
Para informarte de todos os detalles: III XORNADA OUTONO