Museo de Arte Contemporánea
A Bienal de Arte Galega adicábase en anos alternativos á pintura e á escultura, e as obras que se presentan á Bienal amosábanse nos días previos á Noite Meiga no Lar social, e finalmente, as obras premiadas pasaban a engrosar os fondos do Museo de Arte Contemporánea Galega ubicado no Lar social de “Meigas e Trasgos C.I.T.”. Conta xa con obras de gran valor que se amosan permanentemente ó público e onde están representados os pintores, escultores e fotógrafos galegos dos máis recoñecidos dentro e fora de Galicia. Juan Piñeiro, Francisco Cancedo, Xurxo, Lomarti, Paco Díaz, Belinchón, Espiral, Díaz Fuentes, Puchades, Sobrado Balboa, Quijada, son algúns dos autores que posúen obras no Museo que a nosa asociación manten aberto ó público todo o ano.