Son fins desta asociación a realización de actividades de fomento da cultura en tódalas súas manifestacións, tales como a organización de concertos de música, certames literarios e artísticos en xeral, o ensino de música e danza, exposicións , protección do patrimonio histórico-artístico e do medio ambente natural, a exaltación da gastronomía propia da comarca de Sarria e de Galicia, a organización de eventos e festas de carácter lúdico-cultural, e a promoción da actividade deportiva en xeral; a investigación, fomento e difusión do folklore de Galicia en calquera das súas manifestacións así como da cultura galega en xeral; elaborar e difundir información turística da comarca de Sarria facilitando información turística a cantos a soliciten, e asesorar ós organismos turísticos das diferentes administración en cantos asuntos lle sexan sometidos a consideración e a recuperación, conservación e promoción do camiño de Santiago; así como a difusión da cultura derivada del.
Directiva:
A nova directiva de Meigas e Trasgos resultante da xunta anual de socios do día 7 de febreiro de 2015. Ese día saiu reelixido por unanimidade o anterior presidente quedando este facultado para o nomeamento do resto da directiva. Unha vez que aceptaron todo-los membros os seus cargos, a directiva quedou composta polos seguintes membros da asociación:
-
Presidente: Julio Francisco González López.
-
Vicepresidenta: Ana Belén Fernández Gayoso.
-
Secretaria: Isabel Sánchez García.
-
Vicesecretario: Jorge Iglesias Díaz de Freijo
-
Tesorero: Domingo Antonio López Fernandez.
-
Vicetesorera: Diana Sánchez García.
-
Vocal1: María Violeta Díaz López.
-
Vocal2: Carmen López Barreal.
-
Vocal3: Iván Pereiro Campo.
-
Vocal4: María José Calvo Costa.
Os socios:
Na actualidade o número de socios é de 175 persoas. Os socios son todos maiores de idade e os menores ó seu cargo considéranse cos mesmos dereitos que os socios titulares. Tamén consideramos que só é necesario que se faga socio un dos membros adultos dunha mesma familia.
A cota anual de socio é de 30 €
Serán dereitos dos socios:
-
a) Deliberar e votar en condicións de igualdade na Asamblea Xeral
-
b) Utilizar os servicios da Asociación nas mesmas condicións de igualdade.
-
c) Formar parte da Xunta Directiva nos cargos elexidos.
-
d) Acceder á información concernente á Asóciación.
-
e) Ser oído en cuestións disciplinarias que lle afecten.
-
f) Separarse voluntariamente da Asociación
Son deberes dos socios:
-
a) Aboa-la cota regulamentaria que se establecese.
-
b) Asistir ás sesións da Asamblea Xeral con voz e voto.
-
c) Acatar e cumplir os acordos e decisións da Asamblea Xeral e da Xunta Directiva.
-
d) Absterse de realizar calquer acción tendente a perxudicar gravemente os intereses da Asociación.