Curso de Percusión

Curso AVANZADO
de
Percusión Tradicional:

Pandeireta e tamboril

O próximo domingo día 3 de febreiro haberá un curso de percusión tradicional para alumnos que xa teñen nivel para tocar con pandeireta ou tamboril. Non está enfocado a xente que está aprendendo a manexar o instrumento.

Será impartido polo percusionista Marcos Pérez Saburido
(Kihnos Saburido).

Prezo por alumno: 15 €

O horario do curso será:
– Mañá: de 10:00 a 14:00 horas
– Tarde: de 16:00 a 20:00 horas

Os interesados poden persoarse o mesmo día do curso á hora de comenzo no Lar social de Meigas e Trasgos no Chanto (Sarria)  Ubicación

Organizan:
Asociación cultural Meigas e Trasgos de Sarria
Agrupación de música tradicional “Os Piornos” de Samos