Meigas e Trasgos

Escudo Meigas e trasgos

Somos unha entidade sen ánimo de lucro dedicada á preservación, difusión e promoción da cultura tradicional galega. Ao longo de máis de cincuenta anos de traxectoria, converteuse nun referente comarcal e galego pola súa labor no eido da danza, a música e as tradicións populares.

A Asociación Cultural Meigas e Trasgos, fundada en 1970 en Sarria (Lugo)

A asociación está integrada por grupos de baile tradicional, gaitas, percusión, pandeireteiras e cantareiras, que traballan conxuntamente na posta en valor do patrimonio cultural e musical galego. Tamén organiza a emblemática festa da Noite Meiga, unha celebración que combina a tradición, mitoloxía, o lume e a danza nunha noite máxica de identidade e participación colectiva.

Noeite Meiga

Noite Meiga 2026

Evento de referencia que se celebra cada ano na vila de Sarria. Combina elementos da mitoloxía galega, a música tradicional e o simbolismo do lume nunha noite máxica de danza, concertos, animacións e ritualidade.

Grupos e disciplinas

Grupos e disciplinas

A asociación está formada por diferentes agrupacións especializadas nas distintas expresións do folclore galego, que traballan de maneira coordinada na recuperación e posta en valor do noso patrimonio inmaterial

Hazte Socio

Faite Socio

Faite socio/a da Asociación Cultural Meigas e Trasgos e forma parte da nosa tradición, cultura e actividades durante todo o ano. Enche o formulario e únete á nosa familia.

Festa de Interese Turístico de Galicia

A Noite Meiga de Sarria é unha das celebracións máis emblemáticas de Galicia. Creada no ano 1969 pola Asociación Cultural Meigas e Trasgos, combina a mitoloxía galega, a música e o baile tradicional, o simbolismo do lume e a participación popular nunha noite única. Organizada integramente polo voluntariado da asociación, é hoxe un referente cultural recoñecido como Festa de Interese Turístico de Galicia, distinguindo máis de cinco décadas de compromiso coa conservación e promoción da nosa identidade e patrimonio cultural.

O Conxuro

Noite de conxuros e de desconxuros.
Xa veñen as meigas pra facer conxuros.
Se veñen as meigas pra facer conxuros,
Noite de conxuros e de desconxuros.
Xa veñen as meigas pra facer conxuros.
Se veñen as meigas pra facer conxuros,
será boa noite damores e arrulos.
Pra facer feitizos traen neve de Ancares,
flor de toxos verdes, brétema dos mares.
Todo ven revolto con lume de estrelas,
fan xurdir ledicias e olvidar as penas.
Fuxan, fuxan
tronos e furacáns,
pestes, malas bruxas,
sapos e alacrás.
Xa veñen os trasgos polas carballeiras,
xa veñen os trasgos á terra máis meiga
que se chama Sarria, a máis feiticeira.
Do Courel trouxeron, en noite de luar,
gotiñas de orballo que fan namorar.
Brincan á fogata ao son do pandeiro,
xa temos queimada, toquen o pandeiro.
Fuxan, fuxan
tronos e furacáns,
pestes, malas bruxas,
sapos e alacrás.
Noite Meiga, Noite Meiga, Noite Meiga.”

Meigas e Trasgos

Últimas Novas

Miguel Fialeiro pechará a Noite Meiga o sábado 29 de agostoNoite Meiga

Miguel Fialeiro pechará a Noite Meiga o sábado 29 de agosto

A programación da Noite Meiga 2026 reserva para o sábado 29 de agosto un peche moi especial. Miguel Fialeiro será o encargado de poñer música ao último tramo da celebración cunha sesión pensada para manter a enerxía ata o final. Unha elección cun significado especial para Meigas e Trasgos, porque Fialeiro é da casa e coñece ben o ambiente, o…
A Agrupación Folclórica Ancoradoira participará na Noite Meiga o sábado 29 de agostoNoite Meiga

A Agrupación Folclórica Ancoradoira participará na Noite Meiga o sábado 29 de agosto

Un encontro entre tradicións na Noite Meiga 2026 A programación da Noite Meiga 2026 contará o sábado 29 de agosto cunha visita moi especial: a da Agrupación Folclórica Ancoradoira, convidada a compartir en Sarria unha xornada dedicada á cultura, á tradición e ao encontro entre persoas que traballan para manter vivo o noso patrimonio. Desde Meigas e Trasgos queremos que…
Broken Peach actuará na Noite Meiga de Sarria o sábado 29 de agosto

Broken Peach actuará na Noite Meiga de Sarria o sábado 29 de agosto

Leer más
Banda da Comarca de Sarria actuará na Noite Meiga o sábado 29 de agosto

Banda da Comarca de Sarria actuará na Noite Meiga o sábado 29 de agosto

Leer más
Terrae actuará na Noite Meiga o venres 28 de agosto en Sarria

Terrae actuará na Noite Meiga o venres 28 de agosto en Sarria

Leer más
PROGRAMA KIT DIGITAL COFINANCIADO POR LOS FONDOS NEXT GENERATION (EU) DEL MECANISMO DE RECUPERACIÓN Y RESILIENCIA
Meigas e Trasgos
Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.