Curso de Percusión

Curso AVANZADO
de
Percusión Tradicional:

Pandeireta e tamboril

O próximo domingo día 3 de febreiro haberá un curso de percusión tradicional para alumnos que xa teñen nivel para tocar con pandeireta ou tamboril. Non está enfocado a xente que está aprendendo a manexar o instrumento.

Será impartido polo percusionista Marcos Pérez Saburido
(Kihnos Saburido).

Prezo por alumno: 15 €

O horario do curso será:
– Mañá: de 10:00 a 14:00 horas
– Tarde: de 16:00 a 20:00 horas

Os interesados poden persoarse o mesmo día do curso á hora de comenzo no Lar social de Meigas e Trasgos no Chanto (Sarria)  Ubicación

Organizan:
Asociación cultural Meigas e Trasgos de Sarria
Agrupación de música tradicional «Os Piornos» de Samos

Concurso público para aluguer do lar social do Chanto en Sarria. (ADXUDICADO)


**************   ADXUDICADO    **************


A Asociación Cultural Meigas e Trasgos C.I.T. de Sarria convoca un concurso público para aluguer do seu lar social do Chanto para a actividade de bar, restaurante e terraza.

A explotación do negocio conleva o pago de un aluguer mensual (a negociar). O arrendatario correrá cos gastos de auga, enerxía eléctrica, gas e/ou calquer outro suministro necesario. Tamén se fará cargo do mantemento dos xardín e a terraza.

A asociación reservase o uso da planta primeira. Na planta baixa haberá elementos e accesos de uso común das dúas partes.

O prazo de presentación de ofertas está aberto. As propostas poderanse enviar ó apartado de correos Nº 11 de Sarria ou ó correo electrónico directiva@meigasetrasgos.gal

A directiva seleccionará as ofertas mellores e poñerase en contacto cos promotores para negociar o contrato resultante.

ASOCIACION CULTURAL MEIGAS E TRASGOS-jaima_2015-08-23_20-01-26

Lar social 1 Lar socil portada
terraza-2

terreza-1

terraza-3salon-1salon-2

hall-1

 

 

anfiteatro-1

Concerto EOS

 

 

Gaiteiros Noite Meiga

 

 

 

Noite_Meiga-2015_danza-1_palco

 

 

 

 

 


**************   ADXUDICADO    **************