NOVAS·

NOVAS·

NOVAS·

NOVAS·

NOVAS·

MEIGAS E TRASGOS

Miguel Fialeiro pechará a Noite Meiga o sábado 29 de agosto Noite Meiga

Miguel Fialeiro pechará a Noite Meiga o sábado 29 de agosto

A programación da Noite Meiga 2026 reserva para o sábado 29 de agosto un peche moi especial. Miguel Fialeiro será o encargado de poñer música ao último tramo da celebración cunha sesión pensada para manter a enerxía ata o final. Unha elección cun significado especial para Meigas e Trasgos, porque Fialeiro é da casa e coñece ben o ambiente, o…
Meigas e Trasgos
26 de Agosto de 2026
A Agrupación Folclórica Ancoradoira participará na Noite Meiga o sábado 29 de agosto Noite Meiga

A Agrupación Folclórica Ancoradoira participará na Noite Meiga o sábado 29 de agosto

Un encontro entre tradicións na Noite Meiga 2026 A programación da Noite Meiga 2026 contará o sábado 29 de agosto cunha visita moi especial: a da Agrupación Folclórica Ancoradoira, convidada a compartir en Sarria unha xornada dedicada á cultura, á tradición e ao encontro entre persoas que traballan para manter vivo o noso patrimonio. Desde Meigas e Trasgos queremos que…
Meigas e Trasgos
25 de Agosto de 2026
Broken Peach actuará na Noite Meiga de Sarria o sábado 29 de agosto Noite Meiga

Broken Peach actuará na Noite Meiga de Sarria o sábado 29 de agosto

A Noite Meiga 2026 contará o sábado 29 de agosto coa actuación de Broken Peach, unha das propostas encargadas de continuar a festa despois da cea e da tradicional Danza da Noite Meiga. O grupo regresará a Sarria cun directo marcado pola enerxía, as súas versións e unha posta en escena que converte cada actuación nun espectáculo pensado para gozar…
Meigas e Trasgos
24 de Agosto de 2026
Banda da Comarca de Sarria actuará na Noite Meiga o sábado 29 de agosto Noite Meiga

Banda da Comarca de Sarria actuará na Noite Meiga o sábado 29 de agosto

A música feita en Sarria tamén forma parte da Noite Meiga A Noite Meiga 2026 contará o sábado 29 de agosto coa participación da Banda da Comarca de Sarria, que porá música a un dos momentos da tarde antes da celebración do Pregón. Unha presenza especialmente significativa dentro da programación, xa que permitirá compartir coa veciñanza e co público da…
Meigas e Trasgos
24 de Agosto de 2026
Terrae actuará na Noite Meiga o venres 28 de agosto en Sarria Noite Meiga

Terrae actuará na Noite Meiga o venres 28 de agosto en Sarria

O venres 28 de agosto, a programación da Noite Meiga 2026 contará coa actuación de Terrae, unha proposta musical que une dous universos aparentemente afastados: a música de raíz e a electrónica. O resultado é un directo pensado para bailar, sentir o ritmo e descubrir novas formas de achegarse aos sons tradicionais. Terrae formará parte da programación musical que se…
Meigas e Trasgos
24 de Agosto de 2026
De Ninghures actuará na Noite Meiga o venres 28 de agosto Noite Meiga

De Ninghures actuará na Noite Meiga o venres 28 de agosto

O venres 28 de agosto, a Noite Meiga 2026 contará en Sarria coa actuación de De Ninghures, unha formación cunha maneira moi particular de entender a música galega: partindo das raíces, pero sen poñerlles fronteiras. A súa proposta mestura tradición, ritmos e influencias de diferentes lugares do mundo para construír un son propio, fresco e cheo de enerxía. Será un…
Meigas e Trasgos
24 de Agosto de 2026
Xosé Lois Romero & Aliboria, este venres 28 na Noite Meiga 2026 Noite Meiga

Xosé Lois Romero & Aliboria, este venres 28 na Noite Meiga 2026

A tradición galega volverá soar con forza na Noite Meiga A conta atrás chega aos seus últimos compases. Este venres 28 de agosto, a Noite Meiga recibirá en Sarria a Xosé Lois Romero & Aliboria, cun concerto pensado para sentir a música galega desde a raíz, pero tamén desde unha mirada poderosa e contemporánea. Percusión, voces e tradición serán protagonistas…
Meigas e Trasgos
23 de Agosto de 2026
A Noite Meiga 2026 tamén é posible grazas ao apoio de colaboradores e patrocinadores Noite Meiga

A Noite Meiga 2026 tamén é posible grazas ao apoio de colaboradores e patrocinadores

Detrás de cada edición da Noite Meiga hai moito máis que unha programación de actividades. Hai tempo, traballo, ilusión e, sobre todo, unha ampla rede de persoas, entidades e empresas que deciden sumar e contribuír a que esta celebración siga medrando. Por iso, desde Meigas e Trasgos queremos dedicar un espazo especial a agradecer o apoio dos colaboradores e patrocinadores…
Meigas e Trasgos
21 de Agosto de 2026
Tardiña Meiga 2026: abertas as inscricións para a actividade infantil do venres 28 Noite Meiga

Tardiña Meiga 2026: abertas as inscricións para a actividade infantil do venres 28

A Noite Meiga tamén se aprende, se comparte e se vive desde pequenos Este xoves 20 de agosto ábrese o prazo de inscrición para unha das propostas pensadas especialmente para as novas xeracións dentro da programación da Noite Meiga 2026: a Tardiña Meiga. A actividade celebrarase o venres 28 de agosto, ás 18:00 horas, no Lar Social de Meigas e…
Meigas e Trasgos
20 de Agosto de 2026
Eu son Noite Meiga 2026 Noite Meiga

Eu son Noite Meiga 2026

Hoxe, luns 17 de agosto, damos o pistoletazo de saída a Eu Son Noite Meiga 2026, unha iniciativa que fai que a maxia da Noite Meiga comece moito antes da propia celebración e se espalle por diferentes recunchos de Sarria. Este ano, comercios e locais de hostalaría volven converterse en cómplices da lenda. En total, 77 establecementos participantes súmanse á…
Meigas e Trasgos
17 de Agosto de 2026
Un 12 de agosto para lembrar: Meigas e Trasgos no Esmorga Total de Sarria Meigas e Trasgos

Un 12 de agosto para lembrar: Meigas e Trasgos no Esmorga Total de Sarria

Hai datas que pasan polo calendario e outras que, por todo o que acontece arredor delas, sabemos que imos lembrar durante moito tempo. O 12 de agosto de 2026 foi unha destas últimas. A Ermida de San Marco, en Sarria, foi escenario do Esmorga Total, unha xornada na que música, festa e cultura se atoparon nun día marcado ademais por…
Meigas e Trasgos
13 de Agosto de 2026
Volver a Portomarín é volver ás raíces: Meigas e Trasgos, un ano máis nos Domingos Folclóricos Meigas e Trasgos

Volver a Portomarín é volver ás raíces: Meigas e Trasgos, un ano máis nos Domingos Folclóricos

Esta fin de semana tivemos a oportunidade de volver, un ano máis, ao Torés Escapado e aos Domingos Folclóricos de Portomarín. Dúas citas diferentes, pero unidas por algo que para nós ten un valor enorme: a vontade de manter viva a memoria, a cultura e as tradicións que forman parte da nosa identidade. Participar nelas sempre nos fai ilusión. Pero…
Meigas e Trasgos
13 de Agosto de 2026
Meigas e Trasgos

Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.