Meigas e Trasgos

Escudo Meigas e trasgos

As súas orixes remóntanse ao ano 1969

A Asociación Cultural Meigas e Trasgos de Sarria é unha entidade sen ánimo de lucro dedicada á conservación, difusión e promoción da cultura tradicional galega.

As súas orixes remóntanse ao ano 1969, cando Carmela González Ruiz impulsou un proxecto pioneiro coa intención de recuperar, conservar e divulgar as tradicións populares galegas. Da súa iniciativa naceu tamén a primeira Noite Meiga, unha celebración inspirada na tradición, na mitoloxía e na identidade cultural de Sarria que, co paso do tempo, se convertería no principal símbolo da asociación.

Tras aqueles primeiros anos de actividade e crecemento, a entidade foi constituída oficialmente en 1976, ano no que obtivo a autorización para a creación e funcionamento como Centro de Iniciativas Turísticas «Asociación Cultural Meigas e Trasgos», segundo recolle o Boletín Oficial do Estado.

Ao longo de máis de medio século de historia, Meigas e Trasgos consolidouse como un referente cultural en Galicia, desenvolvendo unha intensa actividade na promoción da música e da danza tradicional, así como na conservación das nosas costumes e do patrimonio inmaterial galego.

Na actualidade, a asociación está formada por grupos de baile tradicional, gaita, percusión, pandeireta e canto tradicional, ademais dunha escola na que persoas de todas as idades poden achegarse á cultura galega, garantindo a transmisión deste legado ás novas xeracións.

A organización da Noite Meiga de Sarria constitúe a súa iniciativa máis representativa. Celebrada cada último sábado de agosto, converteuse nun dos acontecementos culturais máis emblemáticos da provincia de Lugo e nun símbolo da identidade sarriá, reunindo cada ano milleiros de persoas arredor da música, a danza, o lume e a mitoloxía galega. En 2026, esta celebración foi recoñecida pola Xunta de Galicia como Festa de Interese Turístico de Galicia, un recoñecemento ao traballo desenvolvido durante décadas por centos de persoas que fixeron posible manter viva esta tradición.

Fieis ao espírito co que naceu en 1969, continuamos traballando para preservar, promover e transmitir a cultura tradicional galega, mantendo vivas as nosas raíces e facendo da participación, da convivencia e do compromiso coa nosa identidade os piares fundamentais da Asociación Cultural Meigas e Trasgos.

Se non es socio e queres selo, cubre este formulario cos teus datos e poñerémonos en contacto contigo no menor tempo posible.

Composición da Directiva

Presidenta

Ana Belén Fernández Gayoso

Vicepresidente

Iván Pereiro Campo

Secretario

Hernando Caldeiro López

Vicesecretario

Miguel Ángel López Sánchez

Tesoureiro

Domingo Antonio López Fernández

Vicetesoureira

Susana Villanueva Sánchez

Vogal

Marcos López Martínez

Vogal

Yasmina López Vázquez

Vogal

Sandra Barja Núñez

Vogal

Xoel López López

Vogal

Lucía Losada Pereiro

Vogal

Christian Valcarce López

Vogal

Mercedes González Rodríguez

Novas Asociación

Meigas e Trasgos nas festas de San Xoán de Sarria Meigas e Trasgos

Meigas e Trasgos nas festas de San Xoán de Sarria

Rematado o San Xoán, toca mirar atrás con agarimo e gardar na memoria todos eses momentos que fan que as festas sexan moito máis ca uns días marcados no calendario. Para nós, en Meigas e Trasgos, foi unha alegría inmensa poder formar parte un ano máis destas celebracións tan especiais para Sarria. Queremos compartir un anaquiño da nosa participación no…
Meigas e Trasgos
27 de junio de 2026
Un Simposio Salvaxe para poñer en valor a Noite Meiga de Sarria Meigas e Trasgos

Un Simposio Salvaxe para poñer en valor a Noite Meiga de Sarria

A Biblioteca Camilo Gonsar acolleu unha edición moi especial de Simposios Salvaxes, dedicada á Noite Meiga e a todas aquelas persoas que, co seu traballo, compromiso e implicación, contribuíron ao longo dos anos a manter viva unha das celebracións máis emblemáticas de Sarria. Foi unha tarde para falar de cultura popular, de memoria compartida, de asociacionismo e tamén de futuro.…
Meigas e Trasgos
15 de junio de 2026
Meigas e Trasgos
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.