Despois da esperada Camiñografía, continuamos cunha semana chea de actuacións, música e tradición ❤️
A primeira parada será na casa, nunha noite que vivimos sempre con moita ilusión:
📅 5 de agosto
📍 Parque do Chanto, Sarria
🕚 23:00 horas
Participaremos en A Illa do Tempo, compartindo escenario, baile e folclore nun ambiente moi especial. Temos moitas ganas de volver atoparnos co público de Sarria e gozar xuntos desta cita.
Agardámosvos no Parque do Chanto para vivir unha noite inesquecible! ✨



