II Xornada de Outono (Actividades)

 

II Xornada de Outono

     Este ano celebramos unha actividade que consistirá nunha saída ó monte a recoller cogomelos acompañados e dirixidos por expertos da Asociación Micolóxica “A Muiñeira” de Sarria. Despois haberá un xantar para quen queira degustar un bo cocido seguido dun magosto. Pola tardiña poderás participar unha festa na que haberá música, cánticos populares e baile ata que aguante o corpo.

Para informarte de todos os detalles: II Xornada de Outono

Esperámoste!!!


 

xornada-outono_2016-5

[SCM]actwin,0,0,0,0;http://Chrome Legacy Window Facebook - Google Chrome chrome 26/10/2016 , 21:58:32 [SCM]actwin,0,0,0,0;http://Chrome Legacy Window Facebook - Google Chrome chrome 26/10/2016 , 21:59:50xornada-outono_2016-3
xornada-outono_2016-4

 

 

 

 

 

xornada-outono_2016-6

 

*** XLVI edición da Noite Meiga. Agosto 2016 ***

Programación completa da XLVI edición da Noite Meiga de Sarria

 

AVANCE

Comenzamos o venres con maxia e concerto. E todo de balde!!!

Espectáculo de máxia e ilusionismo
Concerto do grupo RAS
Concerto do grupo RAS

 

 

 

 

 

 

 

O sábado temos unha tarde e unha noite completas. Dende as 19:30 horas ata ven entrada a madrugada.

Sábado
Menú
Menú

 

 

 

 

Tarxetas a venda en Terraza Meigallo ata o MARTES día 23 as 17:00 horas.

O domingo comezamos á mañá cos talleres para nenos de entre 3 e 11 anos. Podes xantar na festa da empanada e despóis unha actuación Títeres

TARDIÑA MEIGA 2016

Tardiña Meiga

VII Festa da Empanada
VII Festa da Empanada

 

 

Asemblea xeral de socios 2015. Día 30 de abril

Convócase a asemblea xeral de socios do ano 2015 que se celebrará no Lar social do Chanto o próximo día 30 de abril, ás 18:00 horas en primeira convocatoria e ás 18:30 horas en segunda convocatoria. Hai que salientar que esta asemblea está aberta a todos os veciños. Explicaranse as actividades realizadas, presentaranse as contas do pasado ano 2015 e expoñeremos os orzamentos para o vindeiro ano 2016. Pedirlle por favor que procure asistir a dita asemblea xa que o seu voto e decisivo para a aprobación das actas e os orzamentos. Tamén poderá, de seguro, aportar una valiosa opinión respecto do traballo feito e novas iniciativas que guste propoñer. Non habendo máis novidades agradecerlle a súa colaboración, reciba un cordial saúdo.

A secretaria,

Asociación cultural Meigas e Trasgos C.I.T.

Correo: directiva@meigasetrasgos.gal

Convocatoria_xunta-2015

Comunicado, Colectivo en Defensa da Gaita

copadorei bandaourense

A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s recibiu a petición por parte do Colectivo en Defensa da Gaita de publicar o seguinte comunicado:

A ACB non entende de gaitas

Cando acontece unha cita deportiva da talla dunha final da Copa do Rei de Baloncesto é moi importante que se coñeza o que e a quen se contrata. O máis sinxelo é recorrer ao quen ten máis sona ou a tal agrupación a través dun coñecido.  Isto foi o que se fixo coa Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense o pasado domingo no Coliseum de A Coruña. Asesorarse antes de facelo debería de ser unha obriga por unha simple cuestión de respecto e ética musical. Os galegos en xeral e, neste caso, os coruñeses en particular non merecemos o trato e a imaxe que se está a dar da nosa música tendo como máximo expoñente a unha agrupación pseudo-escocesa que non representa nin de lonxe a Galicia. Hai entidades dabondo espalladas pola nosa terra que xa fan todo o contrario. E é, sen dúbida, unha vergoña para moita xente ver a unha banda que di representarnos con bastóns de mando militares, gaitas “marcianas” (instrumentos híbridos entre gaita escocesa e galega) e desfiles con malabarismos máis propios de bandas doutros países tan respectables como o noso. Levamos tempo dicindo que iso non é de aquí, por moito que nos queiran convencer doutra cousa. E tanto os organizadores (a ACB) como os colaboradores de tal evento (entre eles o Concello da Coruña e a Deputación Provincial da Coruña, que destinan cartos públicos a tal efecto) deberían reflexionar e explicarnos a todos se eles identifican iso como galego porque nós xa o entendemos e sabemos distinguir as cousas perfectamente. Menos aplausos e máis conciencia, por favor. Informarse antes de facer algo non ocupa lugar. A ignorancia musical da xente chega a converterse en falta de respecto a todo un pobo.

Colectivo en Defensa da Gaita (CDG)
En representación do CDG
RAMÓN RODRÍGUEZ PALLEIRO
LUIS GARCÍA CORRAL
RICARDO CASÁS SALGADO

Museo

Museo de Arte Contemporánea

             A Bienal de Arte Galega adicábase en anos alternativos á pintura e á escultura, e as obras que se presentan á Bienal amosábanse nos días previos á Noite Meiga no Lar social, e finalmente, as obras premiadas pasaban a engrosar os fondos do Museo de Arte Contemporánea Galega ubicado no Lar social de “Meigas e Trasgos C.I.T.”. Conta xa con obras de gran valor que se amosan permanentemente ó público e onde  están  representados os pintores, escultores e fotógrafos galegos dos máis recoñecidos dentro e fora de Galicia.  Juan Piñeiro, Francisco  Cancedo, Xurxo, Lomarti, Paco Díaz, Belinchón, Espiral, Díaz Fuentes, Puchades, Sobrado Balboa, Quijada, son algúns dos autores que posúen obras no Museo que a nosa asociación manten aberto ó público todo o ano.

     Bienal de escultura               Bienal de pintura

 

Acerca de nos

meigas_e_trasgos_vella_1980-1990

            Son fins desta asociación a realización de actividades de fomento da cultura en tódalas súas manifestacións, tales como a organización de concertos de música, certames literarios e artísticos en xeral, o ensino de música e danza, exposicións , protección do patrimonio histórico-artístico e do medio ambente natural, a exaltación da gastronomía propia da comarca de Sarria e de Galicia, a organización de eventos e festas de carácter lúdico-cultural, e a promoción da actividade deportiva en xeral; a investigación, fomento e difusión do folklore de Galicia en calquera das súas manifestacións así como da cultura galega en xeral; elaborar e difundir información turística da comarca de Sarria facilitando información turística a cantos a soliciten, e asesorar ós organismos turísticos das diferentes administración en cantos asuntos lle sexan sometidos a consideración e a recuperación, conservación e promoción do camiño de Santiago; así como a difusión da cultura derivada del.

Directiva:

      A nova directiva de Meigas e Trasgos resultante da xunta anual de socios do día 7 de febreiro de 2015. Ese día saiu reelixido por unanimidade o anterior presidente quedando este facultado para o nomeamento do resto da directiva. Unha vez que aceptaron todo-los membros os seus cargos, a directiva quedou composta polos seguintes membros da asociación:

  • Presidente: Julio Francisco González López.

  • Vicepresidenta: Ana Belén Fernández Gayoso.

  • Secretaria: Isabel Sánchez García.

  • Vicesecretario: Jorge Iglesias Díaz de Freijo

  • Tesorero: Domingo Antonio López Fernandez.

  • Vicetesorera: Diana Sánchez García.

  • Vocal1: María Violeta Díaz López.

  • Vocal2: Carmen López Barreal.

  • Vocal3: Iván Pereiro Campo.

  • Vocal4: María José Calvo Costa.

Os socios:

      Na actualidade o número de socios é de 175 persoas. Os socios son todos maiores de idade e os menores ó seu cargo considéranse cos mesmos dereitos que os socios titulares. Tamén consideramos que só é necesario que se faga socio un dos membros adultos dunha mesma familia.

A cota anual de socio é de 30 €

Serán dereitos dos socios:

  • a) Deliberar e votar en condicións de igualdade na Asamblea Xeral

  • b) Utilizar os servicios da Asociación nas mesmas condicións de igualdade.

  • c) Formar parte da Xunta Directiva nos cargos elexidos.

  • d) Acceder á información concernente á Asóciación.

  • e) Ser oído en cuestións disciplinarias que lle afecten.

  • f) Separarse voluntariamente da Asociación

Son deberes dos socios:

  • a) Aboa-la cota regulamentaria que se establecese.

  • b) Asistir ás sesións da Asamblea Xeral con voz e voto.

  • c) Acatar e cumplir os acordos e decisións da Asamblea Xeral e da Xunta Directiva.

  • d) Absterse de realizar calquer acción tendente a perxudicar gravemente os intereses da Asociación.