XLVII edición da Noite Meiga. Agosto 2017

Programación XLVII Noite Meiga 2017

AVANCE

Comenzamos o venres 25 de agosto con concertos. E todo de balde!!!

23:00 h. Actuación de Esteban y Manuel

 01:00 h. Actuación do grupo Bulto

O sábado 26 de agosto temos unha tarde e unha noite completas. Dende as 19:30 horas ata ven entrada a madrugada.

19:30 h. Apertura da XLVII edición da Noite Meiga coa dirección de Vicky Pérez.

20:00 h. Pregón a cargo de Dona Violeta Bernardo Vázquez

20:30 h. Entrega de premios e recoñecementos.

20:45 h. Actuación do grupo de gaitas e os grupos de danzas Garulaxe e Burbulliñas de Meigas e Trasgos.

22:00 h. Cea ofrecida por Hotel Alfonso IX de Sarria:

 

Tarxetas únicamente de venda anticipada en: 

Hotel Alfonso IX ata o MARTES día 22 as 17:00 horas

O domingo 27 de agosto comezamos á mañá cos talleres para nenos de entre 3 e 11 anos. Podes xantar na festa da empanada e despóis haberá un espectáculo musical.

Obras premiadas na  bienal de escultura:

 

Continuar leyendo “Obras premiadas na  bienal de escultura:”

 

Continuar leyendo “Obras premiadas na  bienal de escultura:”

II Xornada de Outono (Actividades)

 

II Xornada de Outono

     Este ano celebramos unha actividade que consistirá nunha saída ó monte a recoller cogomelos acompañados e dirixidos por expertos da Asociación Micolóxica “A Muiñeira” de Sarria. Despois haberá un xantar para quen queira degustar un bo cocido seguido dun magosto. Pola tardiña poderás participar unha festa na que haberá música, cánticos populares e baile ata que aguante o corpo.

Para informarte de todos os detalles: II Xornada de Outono

Esperámoste!!!


 

xornada-outono_2016-5

[SCM]actwin,0,0,0,0;http://Chrome Legacy Window Facebook - Google Chrome chrome 26/10/2016 , 21:58:32 [SCM]actwin,0,0,0,0;http://Chrome Legacy Window Facebook - Google Chrome chrome 26/10/2016 , 21:59:50xornada-outono_2016-3
xornada-outono_2016-4

 

 

 

 

 

xornada-outono_2016-6

 

Concurso público para aluguer do lar social do Chanto en Sarria. (ADXUDICADO)


**************   ADXUDICADO    **************


A Asociación Cultural Meigas e Trasgos C.I.T. de Sarria convoca un concurso público para aluguer do seu lar social do Chanto para a actividade de bar, restaurante e terraza.

A explotación do negocio conleva o pago de un aluguer mensual (a negociar). O arrendatario correrá cos gastos de auga, enerxía eléctrica, gas e/ou calquer outro suministro necesario. Tamén se fará cargo do mantemento dos xardín e a terraza.

A asociación reservase o uso da planta primeira. Na planta baixa haberá elementos e accesos de uso común das dúas partes.

O prazo de presentación de ofertas está aberto. As propostas poderanse enviar ó apartado de correos Nº 11 de Sarria ou ó correo electrónico directiva@meigasetrasgos.gal

A directiva seleccionará as ofertas mellores e poñerase en contacto cos promotores para negociar o contrato resultante.

ASOCIACION CULTURAL MEIGAS E TRASGOS-jaima_2015-08-23_20-01-26

Lar social 1 Lar socil portada
terraza-2

terreza-1

terraza-3salon-1salon-2

hall-1

 

 

anfiteatro-1

Concerto EOS

 

 

Gaiteiros Noite Meiga

 

 

 

Noite_Meiga-2015_danza-1_palco

 

 

 

 

 


**************   ADXUDICADO    **************


 

*** XLVI edición da Noite Meiga. Agosto 2016 ***

Programación completa da XLVI edición da Noite Meiga de Sarria

 

AVANCE

Comenzamos o venres con maxia e concerto. E todo de balde!!!

Espectáculo de máxia e ilusionismo

Concerto do grupo RAS
Concerto do grupo RAS

 

 

 

 

 

 

 

O sábado temos unha tarde e unha noite completas. Dende as 19:30 horas ata ven entrada a madrugada.

Sábado

Menú
Menú

 

 

 

 

Tarxetas a venda en Terraza Meigallo ata o MARTES día 23 as 17:00 horas.

O domingo comezamos á mañá cos talleres para nenos de entre 3 e 11 anos. Podes xantar na festa da empanada e despóis unha actuación Títeres

TARDIÑA MEIGA 2016

Tardiña Meiga

VII Festa da Empanada
VII Festa da Empanada

 

 

Asemblea xeral de socios 2015. Día 30 de abril

Convócase a asemblea xeral de socios do ano 2015 que se celebrará no Lar social do Chanto o próximo día 30 de abril, ás 18:00 horas en primeira convocatoria e ás 18:30 horas en segunda convocatoria. Hai que salientar que esta asemblea está aberta a todos os veciños. Explicaranse as actividades realizadas, presentaranse as contas do pasado ano 2015 e expoñeremos os orzamentos para o vindeiro ano 2016. Pedirlle por favor que procure asistir a dita asemblea xa que o seu voto e decisivo para a aprobación das actas e os orzamentos. Tamén poderá, de seguro, aportar una valiosa opinión respecto do traballo feito e novas iniciativas que guste propoñer. Non habendo máis novidades agradecerlle a súa colaboración, reciba un cordial saúdo.

A secretaria,

Asociación cultural Meigas e Trasgos C.I.T.

Correo: directiva@meigasetrasgos.gal

Convocatoria_xunta-2015

Comunicado, Colectivo en Defensa da Gaita

copadorei bandaourense

A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s recibiu a petición por parte do Colectivo en Defensa da Gaita de publicar o seguinte comunicado:

A ACB non entende de gaitas

Cando acontece unha cita deportiva da talla dunha final da Copa do Rei de Baloncesto é moi importante que se coñeza o que e a quen se contrata. O máis sinxelo é recorrer ao quen ten máis sona ou a tal agrupación a través dun coñecido.  Isto foi o que se fixo coa Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense o pasado domingo no Coliseum de A Coruña. Asesorarse antes de facelo debería de ser unha obriga por unha simple cuestión de respecto e ética musical. Os galegos en xeral e, neste caso, os coruñeses en particular non merecemos o trato e a imaxe que se está a dar da nosa música tendo como máximo expoñente a unha agrupación pseudo-escocesa que non representa nin de lonxe a Galicia. Hai entidades dabondo espalladas pola nosa terra que xa fan todo o contrario. E é, sen dúbida, unha vergoña para moita xente ver a unha banda que di representarnos con bastóns de mando militares, gaitas “marcianas” (instrumentos híbridos entre gaita escocesa e galega) e desfiles con malabarismos máis propios de bandas doutros países tan respectables como o noso. Levamos tempo dicindo que iso non é de aquí, por moito que nos queiran convencer doutra cousa. E tanto os organizadores (a ACB) como os colaboradores de tal evento (entre eles o Concello da Coruña e a Deputación Provincial da Coruña, que destinan cartos públicos a tal efecto) deberían reflexionar e explicarnos a todos se eles identifican iso como galego porque nós xa o entendemos e sabemos distinguir as cousas perfectamente. Menos aplausos e máis conciencia, por favor. Informarse antes de facer algo non ocupa lugar. A ignorancia musical da xente chega a converterse en falta de respecto a todo un pobo.

Colectivo en Defensa da Gaita (CDG)
En representación do CDG
RAMÓN RODRÍGUEZ PALLEIRO
LUIS GARCÍA CORRAL
RICARDO CASÁS SALGADO